A Banda de música de Pontevedra convoca un casting
Por Oskar Viéitez
A Banda de Música de Pontevedra convoca probas de selección de músicos para cubrir as vacantes de tres clarinetes, un fagot, dúas trompas e dous trombóns. Como requisítos esíselle os aspirantes estar en posesión do primeiro curso do segundo ciclo de grao profesional ou cursos superiores.
As probas de selección consistirán nos diversos apartados que constituirán dúas rondas eliminatorias.
A primeira é a interpretación, con ou sen acompañamento de piano, dunha obra obrigada pertencente ao repertorio solístico do instrumento principal. A agrupación non aportará pianista acompañante e, en ningún caso, esta decisión afectará ao resultado final da proba. Ademáis pediráse a interpretación de algúns fragmentos orquestrais, correspondentes á praza á que se opta. En caso de empate entre dous ou máis aspirantes da mesma especialidade, procederase a unha proba de lectura a primeira vista. Todas as probas se realizarán con telón. O xurado resérvase o dereito de interromper a audición en calquera momento.
Unha vez celebradas as probas, se os aspirantes non superasen as mesmas, o tribunal cualificador reservarase o dereito de deixala deserta.
O tribunal calificador estará integrado por tres membros: o director titular (presente en todas as probas), un experto da agrupación e un experto alleo á agrupación (que cambiarán segundo as especialidades).
As decisión tomadas polo tribunal serán inapelables. A data límite de presentación de instancias será o día 23 de setembro de 2013.
Rematado este prazo a xunta aprobará a lista de admitidos, que se publicará no tablón de anuncios da sede da Banda de Música de Pontevedra e na páxina web da BMP.
As probas de selección de músicos desenvolveranse os días 5 e 6, 12 e 13 de outubro de 2013, no auditorio do Conservatorio Profesional "Manuel Quiroga".
A relación contractual coa agrupación consistirá na percepción de até un máximo de 223 euros
Todos aqueles músicos que superen as probas de selección pasarán a formar parte da Banda de música de Pontevedra, dentro da cal se rexerán mediante as normas de réxime interno desta agrupación. Estas persoas establecerán, mediante aceptación explícita, unha relación contractual coa agrupación que consistirá na percepción de até un máximo de 223 euros, repartidos en oito altas mensuais no réxime pertinente da Seguridade Social. Pasarán un período de proba de un ano, tras os que a asemblea de socios decidirá prorrogar.
Todas aquelas persoas que superen as probas pero non acaden a praza para a que optan, pasarán a figurar nunha lista para cubrir prazas vacantes, pero nunca estas de carácter permanente.