Restauran un cadro pintado por Manuel Torres durante a pandemia de 1918
Por Redacción
Durante a pandemia global da mal chamada gripe española de 1918, o pintor marinense Manuel Torres viu paralizada a súa actividade académica.
Iso permitiulle dedicar máis tempo á súa paixón artística. Unha das súas obras daquela época foi unha copia dun óleo sobre lenzo chamado Los niños comiendo pasteles, de Murillo.
Ese é o cadro que o Concello de Marín está a restaurar, para poder expoñelo proximamente no Museo Manuel Torres, unha peza única que ata agora non estivera nunca exposta ao público.
A pintura está a ser restaurada por Eva Fontoira, que explica que o cadro atopábase en "bastante bo estado", pero gañará en "viveza e luminosidade" co proceso que se lle aplica.
"Para nós é unha gran nova poder restaurar esta obra do noso artista pictórico de referencia, sobre todo coa enorme carga simbólica que supón que Torres a pintase durante a última pandemia acontecida no noso país, dadas as circunstancias que estamos vivindo", asegurou a concelleira Itziar Álvarez, que visitou o taller da restauradora.
Esta restauración enmárcase na conmemoración do Ano Torres, que así viu a súa programación totalmente afectada pola pandemia do coronavirus.
Relacionadas:
-
O cadro que pintou Manuel Torres durante a pandemia de 1918 xa está no Museo
Por Redacción |
-
O Museo de Marín exporá creacións de Manuel Torres asociadas co Nadal
Por Redacción |
-
O Museo Torres acolle unha exposición do artista marinense Manuel Santos
Por Redacción |
-
O Museo Torres de Marín adicará unha das súas salas á arqueoloxía do municipio
Por Redacción |
-
Rosa Crespo, Artista Marinense de 2020, presenta a súa nova exposición no Museo Manuel Torres
Por Redacción |