O Centro Social do Mar acolle unha exposición da Federación de Alfombristas de Galicia
Por Redacción
Fagaarte, a Federación de Alfombristas Galegos de Arte Efémera, inaugurou unha exposición na entrada do Centro Social do Mar de Bueu para celebrar o seu primeiro aniversario.
A mostra pódese visitar ata o 22 de novembro e este luns o concelleiro de Cultura Xosé Leal e Manuel Alonso, presidente da Federación, percorreron a mostra que conta con tres momentos.
As primeiras imaxes céntranse na actividade previa á pandemia con fotografías ao redor da 'Alfombra polo comercio' ou a realizada con motivo do Camiño Inglés en Miño. Ademais hai outras imaxes sobre os tapices virtuais, entre os que se atopan 'Xuntos co Corazón' ou 'Soñando Tokio'.
Na última fase da exposición recóllense alfombras realizadas polas asociacións que forman parte da Federación e que foron elaboradas para o Corpus deste ano.
Esta iniciativa enmárcase no primeiro Foro do Alfombrismo de Galicia e coincide co Día Mundial do Patrimonio cultural. Está previsto, ademais, que se celebre unha conferencia virtual do arquitecto Carlos Henrique Coto sobre o 'Patrimonio que non vemos', ademais doutra charla a cargo da arqueóloga e antropóloga Ana Filgueira Rei na que se analizarán os ritos, lendas e contidos inmateriais do Patrimonio Cultural.
Relacionadas:
-
A Praza Massó de Bueu acollerá unha alfombra floral de 150 metros cadrados polo Corpus
Por Redacción |
-
Os alfombristas de Marín participarán no máis grande proxecto mundial de alfombrismo con motivo do Xacobeo 21
Por Redacción |
-
A esencia das alfombras de Bueu viaxa cara o IV Encontro Internacional de Uriangato
Por Redacción |
-
Expertos en arte efémera participarán nun encontro internacional en Bueu
Por Redacción |