E o Óscar turístico World Tourism Film Awards é para... 'Fame de experiencias?', vídeo promocional da Deputación
Por Redacción
Este xoves, a organización do Comité de Internacional dos Festivais de Filmes de Turismo (CIFFT) comunicaba oficialmente a Turespaña e ao Ministerio de Turismo que o vídeo 'Fame de Experiencias?' da Deputación de Pontevedra, producido por Esmerarte, lograba o premio 'World Tourism Film Awards', considerado o Óscar do turismo.
O proxecto impúxose ante 32 cintas finalistas pertencentes a 14 países na votación dos xurados internacionais, que escolle cada ano o mellor audiovisual turístico do mundo. Pontevedra impúxose a Austria que ofrecía un vídeo sobre os Alpes e a Chile, que quedaron en segundo e terceiro posto.
Desta forma, 'Fame de Experiencias?' convértese na mellor película de turismo no mundo nunha edición na que participaron 3.500 proxectos de máis de 120 países. O premio dábase a coñecer nunha gala en liña celebrada este xoves 10 de decembro no Palacio Belvedere de Viena.
A presidenta provincial Carmela Silva celebrou este premio acompañada da deputada de Turismo Ana Laura Iglesias e por Laura Fontán e Alberto Baamonde de Esmerarte. Silva considera que este premio enche de orgullo aos responsables da Deputación porque foi un dos primeiros traballos da nova liña de promoción turística da institución provincial enmarcada no respecto ao medio ambiente, á vangarda, á sustentabilidade e ás novas tecnoloxías.
Trátase da primeira vez que a Deputación presenta un vídeo en certames pero a presidenta provincial avanzou que seguirán facéndoo porque supón "un recoñecemento ao talento creativo da provincia e permite que a xente en todo o mundo coñeza que hai un destino turístico no Noroeste do Estado españo que é un paraíso e ten tanto que ofertar para atraer visitantes que buscan algo diferenciador".
'Fame de Experiencias?' logrou diversos premios internacionais, tanto en Fitur como nos Golden City Gate de Berlín, New York Festivals TV & Film Awards, International Tour Film Fest de Bulgaria, Festival de Turismo de Riga, US International Film & Video de Os Ánxeles, SilaFest de Serbia, o Terres Festival, o Festival Internacional de Cine Turístico de Turquía, o TourFilm Festival de Zagreb en Croacia, os dous premios no Festival Art&Tur de Viseu en Portugal e o Premio de Ouro no Festival de Amorgos en Grecia.
Relacionadas:
-
'É o teu momento', a campaña de experiencias únicas que Rías Baixas levará a Fitur
Por María José Pita |
-
Un millón e medio de euros vai destinar a Deputación para impulsar un modelo turístico intelixente, dixital, adaptado e sostible
Por Redacción |
-
A provincia aspira a ser o primeiro territorio intelixente certificado a través do Plan Estratéxico de Turismo
Por Redacción |
-
Apelan á colaboración público-privada para captar fondos europeos que potencien o atractivo turístico da provincia
Por Redacción |
-
'Fame de experiencias' acada o seu premio internacional número 13 nun festival grego
Por Redacción |
-
A campaña turística "Fame de experiencias" alcanza a docena de premios internacionais
Por Redacción |
-
A campaña "Fame de experiencias" obtén o seu décimo recoñecemento internacional
Por Redacción |
-
A Deputación prepara unha campaña de promoción turística pensada no outono
Por Oskar Viéitez |