A campaña "Fame de experiencias" obtén o seu décimo recoñecemento internacional
Por Redacción
"Fame de experiencias", o audiovisual da campaña de turismo 2019 da Deputación de Pontevedra, vén de acadar un novo recoñecemento internacional e xa van dez acumulados dende a súa estrea.
Neste caso o vídeo promocional, que xa ten un auténtico récord de premios, alzouse co galardón "á mellor película gastronómica" no Zagreb Tourfilm Festival de Croacia que, por mor da pandemia, celebrou unha "entrega virtual".
No podium do festival croata, "Fame de experiencias" atópase con outros dous destinos estatais como Madrid e Córdoba e con outras rexións e cidades de países como Estados Unidos, Croacia, China, Xapón, Grecia, Austria, Bosnia, Santo Tomé e Príncipe, Venezuela, Serbia e Noruega.
O vídeo que a Deputación de Pontevedra lanzou en Fitur do 2019 foi valorado por un xurado internacional composto por persoas procedentes de Sudáfrica, Canadá, Alemaña, Croacia e Estados Unidos que o situou como a mellor película internacional na modalidade de gastronomía e viños. Ao respecto, a directora do Zagreb Tourfilm Festival, Spomenka Saraga, felicitou á institución provincial polo galardón e amosou o seu desexo, ante a imposibilidade de realizar o acto presencial, de contar con representantes da Deputación na entrega de premios do festival do vindeiro ano.
Con este novo premio en Croacia, son xa dez recoñecementos para "Fame de Experiencias", tras os acadados en Fitur, Golden City Gate de Berlín, New York Festivals TV & Film Awards, International Tour Film Fest de Bulgaria, Festival de Turismo de Riga, US International Film & Video de Los Ángeles, SilaFest de Serbia, Terres Festival e no Festival Internacional de Cine Turístico de Turquía, "que revalidan –en palabras da presidenta Carmela Silva- a aposta da Deputación por un modelo vangardista de promoción turística".
Relacionadas:
-
'É o teu momento', a campaña de experiencias únicas que Rías Baixas levará a Fitur
Por María José Pita |
-
E o Óscar turístico World Tourism Film Awards é para... 'Fame de experiencias?', vídeo promocional da Deputación
Por Redacción |
-
'Fame de experiencias' acada o seu premio internacional número 13 nun festival grego
Por Redacción |
-
A campaña turística "Fame de experiencias" alcanza a docena de premios internacionais
Por Redacción |
-
A Deputación prepara unha campaña de promoción turística pensada no outono
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña turística Fame de Experiencias, da Deputación, recibe un novo premio
Por Redacción |
-
Turismo Rías Baixas logra a medalla de prata nun certame turístico en New York
Por Redacción |
-
Galardón en Berlín para 'Fame de experiencias', que promove o turismo gastronómico en Pontevedra
Por Redacción |