"Radio Escaparate", o programa do alumnado da Universidade de Vigo, estrea nova temporada
Radio Escaparate é un programa feito por preto de 30 estudantes da Universidade de Vigo, concretamente da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra.
A situación da covid-19 impediulles aos integrantes do programa radiofónico por en marcha a sexta tempada co inicio do curso 2020/2021 como fixera cada ano dende o seus inicios no 2015.
En decembro realizaron un cásting co que se permitiu conformar o equipo integrado por 29 alumnos e alumnas, pero non foi ata o mes de febreiro que o programa puido arrancar a súa emisión. Radio Escaparate retoma a programación a través de iVoox, Spotify e en PontevedraViva Radio con novas seccións. Cabe destacar que os alumnos están facendo un gran esforzo xa que dadas as actuais restriccións realizan as gravacións dende os ses domicilios.
"Poder arrincar foi máis difícil do que pensabamos", recoñece a directora de Radio Escaparate, Ángela Aboy, que explica no Diario da Universidade de Vigo (DUVI) que o cásting realizado en decembro lles permitiu incorporar 21 novos membros ao equipo, que se sumaron aos 8 integrantes que permanecían de anteriores tempadas.
NOVOS CONTIDOS EN RADIO ESCAPARATE
Radio Escaparate iniciou a tempada co obxectivo de agrupar novos contidos que poidan ser de interese para un público novo e para os universitarios.
Segundo comenta Aboy, "cambiáronse practicamente todas as seccións", polo que só manteñen o espazo Chíos e cancelos, no que analizan os temas que foron trending topic en Twitter nos últimos días; e a realización dunha entrevista semanal, que no primeiro programa estivo protagonizada polo youtuber e egresado da facultade Mario Brión, responsable da canle Olaxonmario.
Entre os novos contidos contan con seccións como Sofá e manta, centrada en diferentes contidos audiovisuais; Ruxe ruxe, que se fai eco dos contidos que comparten os oíntes nas redes sociais; ou o apartado musical Colleitas party. De este xeito os compoñentes prevén realizar un programa cada semana ata o mes de xuño.
Por outra banda, cabe destacar á emisión do programa cada mércores en PontevedraViva Radio as 21:00 horas, e a difusión por parte do equipo do pograma tanto das entrevistas como algunhas das seccións a través das súas redes sociais: Instagram, Youtube, Twitter e Facebook, á vez que preparan contidos específicos para Intagram e para TikTok.