Un sábado para pasalo en grande no Salón do Libro

Por Cristina Saiz

© Salón do Libro

© Salón do Libro

© Salón do Libro
Dadas as previsións de inestabilidade do tempo que daban para este sábado a organización decidiu para asegurar as actuacións de contacontos da mañá e o concerto de Pakolas da tarde pasalas para o Pazo da Cultura.
Deste xeito, Cris De Caldas e Xavi do Camiño encheron o Salón de Actos de contos fermosos sobre árbores, como o da maceira xenerosa que lle deu a un neno - que logo foi mozo, que logo foi home, que logo foi vello - todo o que precisaba ao longo da súa vida.
E que ben o pasaron os bebés e as familias cos contos de Charo Pita. Verde, verde, verde!! Un ogro verde, verde, verde!! Un rato pequeniño, pequeniño, enriba dun barco, enriba dunha casa, enriba dunha árbore verde, verde, verde!!! sobre unha montaña verde, verde, verde!!
A furgoneta Rodalibros estivo en Santo André de Xeve, pola mañá xunto á Capela de San Roque, e pola tarde a carón do Centro Social de Santa María de Xeve. Foi todo un éxito: leron e fixeron actividades co monitorado.
Tamén celebraron os Maios a base de ben! Coas amigas de Paspallás a cativada creou a estrutura do maio, logo enfeitárono ben e, por último fixeron a súa copla reivindicando un futuro sostible para o planeta.
E está a quedar chulísimo o videoclip do himno do Salón! Esta mañá fixeron a escenografía con Bea e Cora e logo animaron coa técnica de stop-motion unhas escenas ben xeitosas.
E logo chegou Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza. Un concerto de Paco Cerdeira, Pakolas do seu segundo traballo en librodisco para cantar e ler.
Un sábado para pasalo en grande no Salón do Libro
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
O 'Rock para salvar o planeta' despide un Salón do Libro ateigado de actividades
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Estrea de 'Feira das Sementes' para bebés
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Salón do Libro afronta a súa recta final cunha semana de faladoiros
Por Redacción |
-
"A auténtica vida salvaxe", a banda clandestina de troula no Salón do Libro
Por Cristina Saiz |
-
Aberto o prazo para presentar escritas á cuarta edición do Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
As 'Ás para Álex' de Baobab Teatro inician con éxito o seu camiño teatral no Salón do Libro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pontevedra tiña ganas de Salón do Libro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Xa está aquí o Salón do Libro: "Non hai virus que poida coa forza da palabra"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |