'Voilà la Femme' no Ateneo Santa Cecilia amosa a arte con perspectiva feminina
Por Redacción
Nuria Argibay Pérez-Espiña, Lara Cores Piñeiro, Candela Eirea Orro, Laura López Ignacio y Sofia Pastor Herranz son as cinco artistas que, desde este mércores 26 de maio, ofrecen os seus puntos de vista creativos sobre a arte e a muller na exposición que se inaugura na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín.
Baixo o título 'Voilà la Femme', a mostra permanecerá aberta ata o xoves 18 de xuño en horario de martes a venres de 17.30 a 20.30 horas e os sábados en horario matinal, de 11.00 a 13.00 horas.
O comisariado e a coordinación desta presentación innovadora corre a cargo da artista marinense Celeste Garrido, mentres que do deseño se encarga Belén Diz.
Trátase dunha mostra colectiva de mulleres que chega a súa vixésimo oitava edición e ten como principal finalizade dar visibilidade a obras artísticas elaboradas por creadoras femeninas, que ofrecen a través de diferentes soportes e texturas a súa visión particular sobre a interpretación da arte contemporánea nunha viaxe sobre novas tendencias e propostas visuais