Pontevedra celebra o solsticio de verán con música, teatro e obradoiros
Por Redacción
A concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra, en colaboración coa Escola Bonobo, organiza este sábado o festival do solsticio de verán no paseo de Rosalía de Castro, na parte traseira das palmeiras, entre as 12 e as 19.30 horas.
O festival consistirá en propostas musicais e diversos talleres artísticos para menores. Na parte traseira das Palmeiras instalaranse varios espazos de actuacións e actividades. Na zona de concertos e teatro está prevista a representación de dúas obras teatrais ás 12 e ás 19.30 horas, mentres que as actuacións musicais están programadas para as 16, 17 e 18 horas.
Na zona de obradoiros para menores de entre 8 e 12 anos, as familias poderán anotarse con antelación a través de Internet. Os grupos deben ser inferiores a 8 persoas. Haberá talleres plásticos, de música e de teatro.
O público estará situado entre os dous escenarios e o aforo será de 70 persoas, todas elas sentadas.