Un sábado de 'solsticio' con música, teatro e obradoiros para as pequenas estrelas da casa
Por Redacción & Cristina Saiz
O Paseo Rosalía de Castro, nas Palmeiras, acolleu durante a xornada de sábado o Festival Solsticio de Verán organizado polo Estudo Bonobo e a Concellería de Xuventude.
Desde as 11.00 horas e ata case as 22.00 as pequenas estrelas da casa mostraron as súas habilidades musicais e teatrais, e tamén participaron en obradoiros artísticos.
Na zona habilitáronse dous escenarios cun aforo de 70 persoas, todas sentadas para cumprir coas medidas de seguridade.