O DJ pontecaldelán Álvaro Malvar, primeiro galego en fichar pola discográfica Smash The House
Por Redacción
O DJ pontecaldelán Álvaro Malvar continúa ascendendo no mundo da música eléctrónica e mira de cerca o panorama mundial despois da súa fichaxe por parte da discográfica internacional 'Smash The House', liderada polos dj’s Dimitri Vegas & Like Mike.
Malvar, que comezou pinchando en festas e verbenas locais, xa está un paso máis enriba na música electrónica ao ser o primeiro galego en fichar por este selo discográfico.
En 2017 lanzou o sencillo 'Bang Bang' en 2017, que xa leva máis de 5.000 reproduccións en Spotify, en 2020 participou no tema 'Mamma Mía', que foi reproducido máis de 91.000 veces no mesmo portal de música e, ademáis, que conta co apoio de dj internacionais como David Guetta, Vini Vici, Hardwell, Oliver Heinrich, Dimitri Vegas ou Like Mike.
Finalmente, este ano participou no hit 'Kiss me now', colaboración de varios artistas internacionais con fin solidario, xa que todos os beneficios irán para as familias afectadas pola covid-19 e para adquirir material para loitar contra a pandemia.
Neste último éxito, que conta xa con máis de 250.000 reproducións en Spotify, tamén participaron Flo Rida, Aloisi, Andrea Imberti, Avp, Barletta, Caranza, Dani B., Dj Frenz, DJ Tilo, JP Sax, Mesce & NIKO MARKE.