Tu Otra Bonita e Ciudad Jara moven o público do Sonrías Baixas en Bueu
Por Redacción
A segunda xornada do Sonrías Baixas 2021 coas bandas Tu Otra Bonita e Ciudad Jara converteuse nunha festa para o público asistente, que seguiu os concertos desde os seus asentos, cumprindo os protocolos de seguridade, pero movendo os seus brazos e acompañando os concertos das dúas bandas que subiron ao escenario de Bueu.
Este xoves 5 de agosto chega a quenda aos directos de Iseo & Dodosound e de Travis Birds. Ás 19.30 realizarase a apertura de portas do recinto.
Ás 21.00 horas, unha das artistas máis prometedoras do panorama musical actual, Travis Birds ofrecerá os temas que conforman o seu último traballo discográfico titulado 'La costa de los mosquitos'.
Pola súa banda, o dúo navarro Iseo & Dodosound volve á vila para avanzar algunhas das cancións aínda inéditas do seu novo álbum e para revisar os seus éxitos dentro da xira Inédito Tour.
Para estes recitais aínda quedan entradas dispoñibles na web de Sonrías Baixas. A organización sinala que para os carteis do venres 6 e do sábado 7 xa están esgotadas as entradas, malia que para a xornada de clausura, o domingo 8 coas actuacións de Mordo e La Pegatina, aínda quedan entradas á venda.