RADIO.- Violeta Mosquera: unha 'Playlist' en feminino coa pregoeira das festas da Peregrina
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/82b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/61098d84d9-20210803-saiz-poviva-radio-violeta-mosquera-pregonera-fiestas-peregrinas-2021-4-.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8f5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/61098da9d0-20210803-saiz-poviva-radio-violeta-mosquera-pregonera-fiestas-peregrinas-2021-2-.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/140/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/61098e1ce1-20210803-saiz-poviva-radio-violeta-mosquera-pregonera-fiestas-peregrinas-2021-3-.jpg)
© Cristina Saiz
Violeta Mosquera Blanco, é lucense e leva quince anos residindo en Pontevedra. Chegou á cidade do Lérez para estudar Comunicación Audiovisual, licenciouse e doutorou en Psicoloxía Evolutiva e Comunicación. Unha cidade e provincia que non coñecera antes e da que - como lle advertía a conserxe do seu instituto - xa non se quixo marchar.
Desde nena, conta en 'A playlist', tiña claro que ela ía ser baterista. Aínda que ninguén a cría, un vídeo de The Coors foi un primeiro flash para confirmarse a si mesma que unha muller podía sentar ante unha batería; e outro flash de autoconfirmación de intencións produciuse nun concerto vendo a Mercedes Peón.
Keep Going foi o nome do primeiro grupo do que formou parte. Daquel ao seu actual dúo en Bala xunto a Anxela Baltar, formou parte duns cuantos e xurdiron en Pontevedra. Violeta non só puxo o seu nome e quefacer musical nesas bandas; tamén se implicou en iniciativas culturais como Live in Litium ou o RockLab.
Compaxina a traxectoria musical de Bala coa actividade docente de educación musical e proxectos audiovisuais na Escola de Artes Bonobo. Neste percorrido vital e profesional acumula infinidade de anécdotas e experiencias que comparte en PontevedraViva Radio, ademais dunha selección musical con artistas e bandas femininas.
Este sábado 7, será a persoa encargada de dar comezo ás festas da Peregrina. Será ás 12.00 horas desde o palco da música da Alameda. E non vai ser a súa única aparición con público xa que pola noite ás 22.30 horas subirá ao escenario instalado en Campolongo para facer o que tiña claro que ía facer: música e será con Bala.