Miguel Martínez, de Combarro a República Dominicana
Por Redacción
Cun tema inédito, titulado Por un mundo mejor, o compositor Miguel Martínez foi seleccionado para representar a España no Festival Internacional de la Canción Santo Domingo Este, na República Dominicana, no que participarán vinte países.
O festival celebrarase o próximo mes de novembro e como adianto o artista de Combarro ten listo o videoclip da súa canción, no que todo Poio cobra un gran protagonismo.
O Concello de Poio colabora neste novo proxecto de Miguel Martínez, a quen o alcalde non dubidou en definir como "un dos grandes embaixadores que temos no noso concello".
O artista explicou que acode ao certame "con toda a ilusión do mundo" e, coma sempre, lucirá "con orgullo".
No 2020, ademais de ser finalista do Festival Internacional de la Canción de las Islas Canarias Universong, Miguel Martínez tamén foi recoñecido co diploma Compositor Internacional Latino 2020 no Festival de la Canción Viva la Música.