Arantxa Treus e a banda viguesa Kings of the Beach, dobre oferta da Sala Karma
Por Alejandro Espiño
A Sala Karma de Pontevedra, tras a súa reapertura do pasado sábado, desvelou a súa oferta cultural para esta semana, que inclúe a actuación da actriz e monologuista Arantxa Treus e un concerto da banda viguesa Kings of the Beach.
Arantxa Treus actuará este xoves 2 de setembro, ás 21:30 horas, abrindo un novo ciclo na sala, que incluirá por primeira vez os monólogos cómicos na súa programación.
Coñecida polo seu traballo en series de televisión como Serramoura ou Fariña, a actriz reflexionará sobre a súa vida, sobre como ser muller sen morrer no intento ou sobre as súas miserias, demostrando que a risa é a mellor das terapias.
Kings of the Beach, pola súa banda, actuará o venres 3 de setembro ás 21:30 horas. Son Adrián Rodríguez (guitarra e voz), Yago Guirado (bajo y voz) y Samuel Otero (batería).
Trátase dun grupo que nos seus inicios facía versións de bandas como Green Day ou Blink 182 e que agora apostaron por unha música punk-rock con toques dos anos 90.
As entradas para ambos os espectáculos teñen un prezo de 10 euros e haberá aforo reducido con motivo das restricións pola covid-19.