A Sala Karma programa tres días de concertos con cinco bandas
Por Oskar Viéitez
Volven as programacións de concertos á Sala Karma. Segundo comentou o propietario da Sala Karma, Marcos Rivas, "nos está costando poder traer cosillas, pero poco a poco, a medida que va volviendo la normalidad, vamos avanzando y vamos consiguiendo cosillas interesantes".
"Esta semana será de las grandes como antes", avanza. Serán tres días con tres concertos e con cinco bandas, "gente joven, emergente y con un programa que se realiza entre Galicia y Portugal".
O xoves 21 de outubro, ás 22 horas, actuará "CRNDS", compositor, produtor e fundador do selo independente Lindisfarne. O prezo da entrada é de cinco euros.
Seguidamente, ás 23 horas, será o concerto de "Conferencia Inferno" son unha formación cunha estética badwave moi ben definida que ten o seu punto de partida en Porto no 2018. Pechará a noite cunha sesión DJ a cargo de "Rizo Selektor" (Ortiga). O prezo da entrada é de seis euros.
Para o venres 22 outubro, ás 22 horas, está programado o concerto de "Cucharada", a que fora a primeira banda de Manolo Tena. Xuntouse en 2017 e agora volven para facer un pequeno tributo ao seu fundador. O prezo da entrada é de 13 euros en despacho de billetes.
E o sábado 23 outubro, desde as 22.30 horas, están anunciados os concertos de "Copa turbo" e "Playa desmayo", a un prezo de 10 euros.