Susana e Xabier Fortes, dúo de irmáns e escritores no Museo o 19 de novembro
Por Redacción
Os irmáns pontevedreses Xabier e Susana Fortes compartirán escenario o próximo 19 de novembro no Museo de Pontevedra. Farano compartindo a súa faceta de escritores para presentar a dúo os seus novos libros, publicados ambos por Ézaro Edicións.
A cita cos dous irmáns, fillos do tamén escritor e historiador pontevedrés Xosé Fortes, será ás 19.30 horas e contará cun moderador de excepción, o xornalista pontevedrés Manuel Jabois.
Xabier Fortes, xornalista e actual director de 'A Noite en 24 horas' de Televisión Española, presentará Crónicas cancheras, un compendio de artigos xornalísticos nos que o fútbol e o deporte serven de escusa para charlar sobre a vida. Transmite nel as súas obsesións e paranoias futboleiras, que se entrelazan coas súas andanzas diarias para compoñer unha estampa costumista e familiar.
O coñecido xornalista deportivo Santiago Segurola, autor do prólogo do libro, describe que "en cada páxina e de cen maneiras diferentes, asoma o perfil vibrante e galego dun home que ama o fútbol como merece armarse: con emoción, alegría e motor". Defíneo como un "delicioso" compendio de artigos que define "con total exactitud la esencia del hincha y que en muchos aspectos termina por configurar un relato pedagógico".
A escritora Susana Fortes presenta Pontevedra, tal como éramos, unha homenaxe á súa Pontevedra natal no que, a través de frases breves, trata de recuperar unha imaxe case esquecida e rescatala activando un resorte na mente do lector que lle devolva parte do seu imaxinario.
A maioría deses recordos de Susana correspóndense ás súas vivencias entre os catro ou cinco e os 17 anos, entre finais dos 70 e principios dos 80, cando abandonou Pontevedra. Neles fai memoria, pero non unha persoal, senón sentimental, que se converte na memoria de toda unha xeración e unha época.
A propia autora explica que "mis me acuerdo son pequeños trozos de la vida cotidiana: tiendas, calles, antiguos cines, colegios, jardines, amores de andar por casa, costumbres, secretos, deseos… que todos, al menos todos los que hemos sido niños en la segunda mitad del siglo XX hemos compartido".
Relacionadas:
-
Susana Fortes: "Desde o momento no que nacemos comezamos a perder. E non pasa nada. Iso é a vida"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Numeroso público arroupa a presentación do libro de memorias de Xosé Fortes
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Xosé Fortes presenta o seu libro de memorias 'A rienda suelta'
Por Redacción |
-
A 'boa noite' de Xabier Fortes no debate electoral e a súa homenaxe ao Pontevedra CF
Por Natalia Puga |
-
Susana Fortes presenta en Pontevedra "Septiembre puede esperar", a súa nova novela
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |