Fina Casalderrey presenta o libro-disco infantil 'Un día con papá'
Por Redacción
Xa se atopa á venda 'Un día con papá', un libro-disco infantil en lingua galega, que narra unha xornada de diversión dunha nena chamada Xela co seu pai Anxo, mariñeiro de profesión. Ao longo de dez capítulos acóllese un poema, unha canción que se pode escoitar a través do cd que acompaña ao libro e unha animación con karaoke, que se atopa nunha canle de Youtube ao que se accede co código QR do libro.
A autora pontevedresa Fina Casalderrey, integrante numeraria da Real Academia Galega, é a creadora dos textos. A escritora é coñecida pola súa ampla traxectoria na que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ou o Premio Merlín, entre outros.
O compositor musical neste traballo é Víctor Castro, un profesor, músico, produtor e videocreador de Marín que exerce como docente no CEIP do Carballal. Neste centro creou un Obradoiro de Audiovisuais con traballos que se poden ver na canle 'O recuncho de Tambo' en Youtube. As súas pezas realizadas con escolares lograron premios tanto autonómicos como estatais.
Paula Andrade, premio extraordinario en Artes Plásticas e Deseño da Xunta de Galicia, encárgase de ilustrar esta obra, publicada por Edicións Embora e coa distribución a cargo do Consorcio Editorial Galego. O libro-disco está dedicado ao poeta EV Calo e ao alumnado do Carballal.
Relacionadas:
-
Apoio do IES Sánchez Cantón a Fina Casalderrey para que obteña o premio Hans Christian Andersen
Por Redacción |
-
Un monólito renderá homenaxe á escritora Fina Casalderrey
Por Redacción |
-
RADIO.-Antía máis Elena traen a PontevedraViva Radio os microrrelatos premiados pola RAG e PuntoGal
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A prolífica escritura de Sandra Estévez Calvar, doce novelas nos últimos oito anos
Por Marisa Ciordia |
-
Homenaxe do CEIP Do Carballal de Marín a Xela Arias en formato videoclip
Por Redacción |