Frans Banfield presenta un adianto do seu cuarto disco cun concerto en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O músico e compositor arxentino Frans Banfield chega a Pontevedra. Faino no marco do ciclo Vibra Mahou e cun concerto que se celebrará o vindeiro sábado 5 de marzo, a partir das 21:00 horas, na sala Pequeño Karma.
Nesta actuación, o artista presenta en concerto un avance do que será o seu cuarto álbum en solitario, próximo a saír á luz en formato documental baixo o título de La Búsqueda Infinita.
Cada tema deste novo álbum, segundo os seus responsables, reflicte un lugar que o compositor coñeceu grazas á música, enmarcado nunha longametraxe audiovisual no que as seis cancións convértense na banda sonora e a historia vaise fiando coas súas letras.
Son todas elas cancións sensibles e de clara profundidade, adaptadas ao son electrónico e interpretadas a dúo xunto a Nillo Nández.
Frans Banfield, que sempre xera nos seus concertos un clima especial, tamén repasará no seu concerto en Pontevedra títulos dos seus anteriores álbums de maneira acústica.