Amaia, Dorian, Morad, Tanxugueiras e Nicky Jam actuarán nas Festas do Albariño de Cambados
Por Alejandro Espiño
As Festas do Albariño regresarán este verán a Cambados por todo o alto. E con ela, tamén os concertos multitudinarios.
A programación musical que preparou o Concello, da que aínda faltan citas por desvelar, inclúe nomes ben coñecidos polo público.
Así, o escenario da Praza de Fefiñáns acollerá os concertos de Nicky Jam (29 de xullo), Tanxugueiras (2 de agosto), Morad + Beny Jr (3 de agosto), Amaia (5 de agosto) e Dorian (6 de agosto).
Faltan por coñecerse os nomes dos artistas que actuarán en Fefiñáns o sábado 30 de xullo, o domingo 31 e o xoves 4 de agosto. O domingo 7 está reservado para actuacións infantís e o tradicional concerto do Albariño da Banda de Música de Castrelo.
As entradas para os concertos de pago pódense adquirir na plataforma Ataquilla.com. Xa están á venda as de Nicky Jam, mentres que as de Amaia, Dorian e Morad sairán este venres 1 de abril, a partir das doce do mediodía, a un prezo de 6 euros.
O único que terá entrada gratuíta será o das pandereteiras galegas.