"O ladrón de paraugas" de Xosé Lueiro e ilustrado por Sara Valcárcel preséntase na Biblioteca de Cuntis
Por Redacción
Cuntis acolleu este venres a presentación do libro infantil "O ladrón de paraugas" de Xosé Lueiro e ilustrado por Sara Valcárcel na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres.
O autor e a ilustradora estiveron acompañados polo escritor cuntiense Fernando González Graña e tamén actor e comunicador Fran Campos, que foi o encargado de facer as presentacións e coidar de Fazulas, o gatiño curioso e protagonista desta bonita historia, que tamén fixo a súa intervención para ledicia dos máis cativos.
O autor explicou que Fazulas, o gato persa de dona Adelaida quería saber de que cor é o vento, e para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido dá empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón dará cumprida resposta ao seu misterio.
Ao acto acudiu o alcalde Manuel Campos o cal se mostrou satisfeito pola presentación e comentou que "é moi importante apostar pola cultura e moito máis se implica as crianzas que son o futuro".
Relacionadas:
-
RADIO.- Ángela Banzas, a autora do misterio e a intriga na ría de Arousa
Por Marisa Ciordia |
-
Xosé Lueiro e Sara Valcárcel presentan a viaxe de Fazulas en 'O ladrón de paraugas'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Cuntis ampliará a súa dinamización cultural cunha achega do Plan Concellos
Por Redacción |