Chega á Praza de España 'Terra de soños', unha exposición de fotografías de Cristina García Rodero
Por Oskar Viéitez
A Praza de España acolle estes días a montaxe da exposición 'Terra de soños. Arte na rúa', organizada pola Obra Social a Caixa coa colaboración de Fundación Vicente Ferrer.
A mostra inaugurarase este mércores e permanecerá neste espazo ata o 11 de maio.
Expoñeranse obras de Cristina García Rodero e reúne unha selección de fotografías representativas das comunidades rurais da India que cativan pola súa viveza e calidade compositiva.
As fotografías de García Rodero afondan no mundo feminino, así como na forza e a capacidade de superación das mulleres de Anantapur (Andhra Pradesh), unha das zonas máis pobres da India.
Cristina García Rodero (Puertollano, Ciudad Real, 1949) é unha figura referente na fotografía, tanto pola súa personalidade como pola repercusión nacional e internacional da súa obra.
Faranse visitas comentadas a esta exposición, os sábados ás 18 horas en galego e os domingos ás 12, en castelán.