"Te invito a un mojito", un relato en primeira persona sobre o cáncro de mama, en Marín
Por Redacción
O Museo Manuel Torres acolle este sábado, dentro das actividades programadas polo Concello para conmemorar o Día do Libro, a presentación de “Te invito a un mojito”, un relato en primeira persoa sobre o cancro de mama ao que nos convidan a cineasta Mabel Lozano e a xornalista Paka Díaz.
Será ás 12.00 horas no salón do Museo e contará coa presenza de Paka que, lonxe de victimizarse e cun sentido do humor que non deixa títere con cabeza, trasladará unha historia humana, fresca e útil que compartiu con Mabel Lozano.
No libro, ambas as mulleres repasan como se enteraron do padecemento desta enfermidade e como se enfrentaron a ela, utilizando palabras que rebosan resiliencia, forza e enerxía feminista.
Conta con dez capítulos que se completan cunha guía práctica na que se recollen recomendacións e advertencias moi útiles, relacionadas con temáticas tan heteroxéneas como que pasa coa libido cando se ten cancro de mama ou cales con as cremas máis recomendables para a pel durante o tratamento.
Relacionadas:
-
O Museo Torres acolle a exposición "Restrospectivas" do pintor Pedro Bueno
Por Redacción |
-
Marín ultima coas asociacións da vila a programación cultural dos próximos meses
Por Redacción |
-
O Museo Torres inaugura a exposición do Artista Marinense do Ano, Xaquín Soneira
Por Redacción |
-
A artesanía marinense salta ao primeiro plano cunha mostra na Alameda e outra no museo Torres
Por Redacción |