Danza para 'movernos' na Praza da Ferrería
Por Redacción & Mónica Patxot
O programa municipal A vida é movernos non desaproveitou a oportunidade de conmemorar o Día Internacional da Danza. Fíxoo cun maratón de baile na Praza da Ferrería, impartido pola escola multidisciplinar Getting Jiggy Dance Studio.
O evento, amenizado con demostracións dalgúns alumnos e profesores da escola, estivo aberto a todas aquelas persoas que quixeron participar nas clases. Un deles foi o propio concelleiro de Deportes, Tino Fernández, que non dubidou en subir ao escenario
Antes do inicio das clases e a lectura dunha mensaxe polo Día da Danza, desenvolveuse unha coreografía sorpresa que naceu entre o público, denominada 'Un novo eu desperta'.
A partir de aí, houbo unha sesión de iniciación ao hip hop, impartida por Andrea Portela; unha clase de baile comercial, a cargo de Verónica Aboy; ou demostracións do alumnado da escola, en estilos tan variados como o jazz contemporáneo, o hip hop, latinos e a danza comercial.
Unha clase de zouk brasileiro impartida por Luciano Gomes e Verónica Aboy e unha quenda de coreografías de R&B, dancehall ou hip hop, protagonizada por profesores e alumnos, formaron parte dun evento que tivo como colofon unha festa con bailes latinos na rúa.
Relacionadas:
-
O baile vai por barrios... e empeza este sábado en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
A Vida é Movernos programa unha xornada de andaina e baile para dar a benvida a xullo
Por Redacción |
-
Un baile de ida e volta entre Galicia e Arxentina para festexar o Día da Danza
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A danza clásica ábrese paso no Museo polo Día Internacional da Danza
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"Galicia – Arxentina: Un baile de ida e volta", un espectáculo para festexar o Día da Danza
Por Redacción |