A danza clásica ábrese paso no Museo polo Día Internacional da Danza
Por Redacción & Mónica Patxot
Coreografías de estilo clásico, neoclásico e contemporáneo animaron este Día Internacional da Danza no Museo de Pontevedra.
A escola superior de danza Vaganova de Pontevedra mostrou o traballo que o seu alumnado realizou nos últimos meses, protagonizando ademais unha clase de danza clásica impartida polo seu director artístico Jean François Seys.
Durante o festival, que se desenvolveu no Edificio Castelao, participaron os alumnos que están a cursar o grao de iniciación e os que están no grao profesional.
Entre estes últimos estiveron os oito alumnos aspirantes que foron seleccionados para participar no Summer Ballet Master da Vaganova School este verán.
O obxectivo deste evento, explican desde o centro, foi o de poñer en valor a cultura da danza clásica e ensinar o ambiente da escola á cidadanía de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Un baile de ida e volta entre Galicia e Arxentina para festexar o Día da Danza
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Danza para 'movernos' na Praza da Ferrería
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"Galicia – Arxentina: Un baile de ida e volta", un espectáculo para festexar o Día da Danza
Por Redacción |
-
Oito promesas da danza pontevedresa aprenderán este verán dos mellores bailaríns do mundo
Por Redacción |