Chano Domínguez recupera o seu concerto en Santa Clara o vindeiro domingo 15
Por Redacción
O pianista gaditano Chano Domíinguez ofrecerá finalmente o seu concerto no Convento de Santa Clara o vindeiro domingo 15 de maio a partir das 20.00 horas.
Este concerto estaba previsto inicialmente para o venres 6 de maio pero foi necesario suspendelo porque o artista contaxiouse de covid-19. Agora, xa recuperado, anuncia esta actuación que se engloba dentro do ciclo Híbridas en Santa Clara, dentro da sección 'Pianos', que se desenvolve na antiga igrexa do convento.
Para asistir ao concerto do instrumentista de jazz non é necesario pagar ou reservar entrada. Chano Domínguez caracterízase por combinar a tradición flamenca con fórmulas jazzísticas. Ofrece un virtuosismo característico integrando ritmos e linguaxes diferentes cun estilo único, que lle sitúa entre os mellores músicos do mundo dentro deste ámbito musical.
Relacionadas:
-
'Por unha peseta', as Híbridas en Santa Cara con máis retranca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O alumnado de Goretti Domínguez inaugura o ciclo de piano de Híbridas
Por Mónica Patxot |
-
Composición clásica, jazz, flamenco e música electrónica nun novo ciclo de Híbridas co piano como protagonista
Por Redacción |
-
O ciclo de cine mudo con música en directo en Santa Clara comezará con "Nanuk, o esquimó"
Por Redacción |