'El abrazo', unha comedia con milagre de María Galiana, Juan Meseguer e Jean Cruz
Por Redacción
'El abrazo', con versión e dirección de Magüi Mira, e as interpretacións de María Galiana e Juan Meseger, representarase no Auditorio Sede Afundación Pontevedra, o xoves 19 de maio ás 20.30 horas.
Unha muller, Rosa, e un home, Juan, de avanzada idade e antigos amantes, reencóntranse e abrázanse despois de case unha vida na que o seu desexo de ter un fillo seguiu latexando. Ese mesmo día, un home aparece feliz na porta de Rosa.
A escritora sueca Christina Herrström pon a proba, con humor e boas doses de acidez, a nosa oxidada capacidade de amar nesta comedia con milagre.
Esta obra forma parte da Tempada de Teatro está incluída no programa solidario de Afundación "Cultura por alimentos", mediante o cal a entidade invita todas as persoas que asistan a este espectáculo a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de alimentos, non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do teatro.
Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación coa Federación Española de Bancos de Alimentos.