Xabier Díaz presenta este sábado en Pontevedra o seu novo disco en solitario, 'Levantarse e caer'
Por Redacción
Pontevedra será nos próximos días unha das cidades elixidas por Xabier Díaz para despezar o seu último traballo, 'Levantarse e caer', un proxecto en solitario despois de que a súa colaboración con Adufeiras de Salitre o levara a escenarios de toda Galicia e España.
'Levantarse e Caer' está a ter unha pequena xira de presentación que este sábado 28 de maio ten parada no auditorio Sede Afundación de Pontevedra ás 20.00 horas. As entradas están á venda na web de Ataquilla.
O proxecto discográfico, recolle 10 temas que navegan entre o son tradicional galego, a música melódica e os arrolos.
O primeiro single do disco, 'Levantarse e Caer', viu a luz o pasado mes de marzo e pasaba inmediatamente a coarse entre os temas en galego máis escoitados en todas as plataformas. Tras el chegou 'María e a Curuxa', un arrolo de patrón suave e doce, que permite atisbar un pouco máis o particular universo de Díaz.
'Levantarse e Caer' é un traballo honesto no que Xabier Díaz explora os recordos da infancia, a perspectiva adulta do éxito e a necesidade de querer e querernos máis e mellor como unha forma de sandar as feridas e construír unha realidade máis amable.
O artista fai neste traballo unha reflexión sobre a necesidade de cambiar o paradigma do éxito e a construción dunha sociedade individual e colectivamente máis xusta e solidaria.
Relacionadas:
-
Xabier Díaz, Bala e Carlota Crey inauguran a semana de concertos da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Guadi Galego, Xabier Díaz e Milladoiro, grandes apostas do Musigal 2021
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O primeiro concerto da nova normalidade esgotou as entradas na Explanada do Recinto Feiral
Por Cristina Saiz |