A Banda Senlleira de Robacallos publica o seu primeiro álbum: 'Somos o que Somos'
Por Redacción
'Somos o que Somos' é o título do primeiro traballo discográfico da Banda Senlleira de Robacallos, unha agrupación pontevedresa que este xoves 9 de xuño publicará o primeiro adianto deste álbum, acompañado dun vídeo.
Este proxecto conta con sete temas orixinais e desenvolveuse grazas ao financiamento dos seguidores a través dunha campaña de crowdfunding, que se manterá activa ata o 20 de xuño. Durante esta campaña logrouse o obxectivo marcado en só catorce días dos corenta inicialmente previstos.
O debut discográfico da banda gravouse e mesturouse nos estudos de La Cortina Roja, na Coruña. A masterización desenvolveuse en Mistery Room Mastering, en Wisconsin. Durante os últimos tempos publicaron diversos contidos audiovisuais nas redes e plataformas nas que se move A Banda Senlleira de Robacallos.
O videoclip do tema titulado 'Voces' conforma un primeiro adianto co son definitivo deste traballo do grupo formado por Bruno Cerviño, Martín González e Xulián Santiago.