Andrés Suárez pon o broche de ouro a Sons de Ánkar cun multitudinario concerto
Por Redacción
O Parque de Ánkar, en Poio, quedou pequeno para acoller ao público que se achegou onte á noite para gozar do concerto do cantautor galego Andrés Suárez.
El foi o encargado de poñer o broche de ouro á terceira edición do festival Sons de Ánkar, que comezou o pasado venres coa actuación de Baiuca.
Suárez chegou a este festival no medio dunha gran xira, na que, ademais de presentar os seus últimos temas, non faltaron as súas cancións máis coñecidas.
A sorpresa da súa actuación foi que, durante o mesmo, o cociñeiro Pepe Solla non dubidou en coller a guitarra e subir ao escenario para acompañalo durante uns temas.
O ferrolán, cunha ampla traxectoria musical que comezou hai xa 20 anos, volveu a demostrar unha vez máis o gran tirón que ten entre o público.
O seu concerto en Poio, do mesmo xeito que o de Baiuca, foi gratuíto.
O festival Sons de Ánkar forma parte da programación cultural Verán en Poio, que o goberno municipal ha posto en marcha ata o próximo mes de setembro.