"Descúbreas" pecha a súa segunda edición cunha gala na escalinata exterior do Pazo provincial
Por Redacción
A escalinata exterior do Pazo Provincial da Deputación converterase o vindeiro mércores, 20 de xullo ás 20:30 horas, no escenario da gran gala de peche da segunda edición de "Descúbreas", o programa de apoderamento feminino co que a institución provincial e Regalamúsica están a atallar a fenda de xénero na música.
A gala, aberta ao público en xeral e para a que é preciso confirmar asistencia en protocolo@depo.gal, será presentada pola artista Law, unha das mozas mentorizadas na primeira edición do programa, e contará coa actuación do coro de góspel dirixido por Rebeca Rods.
Ademais, estrearanse as pezas musicais e videoclips profesionais gravados no marco do programa e protagonizados por Sara Baños, Sara Casas, Marina Fernández, Amparo Mosquera, Alba Nogueira, Carolina Vázquez, Ane Fonseca e María Rodríguez, as oito mozas mentorizadas nesta segunda edición de "Descúbreas".
O concerto supón a culminación do proceso de acompañamento profesional que recibiron as oito rapazas da man de profesionais da industria musical como a representante e produtora de eventos musicais Patricia Hermida, as artistas Wöyza e Rebeca Rods, a especialista en imaxe persoal Andy González e tamén outras profesionais doutros ámbitos, como a especialista en igualdade e comisaria do proxecto da Deputación "Canteira de igualdade" Priscila Retamozo.
Relacionadas:
-
O IES As Bizocas do Grove participará nunha nova edición de "Canteira de igualdade"
Por Redacción |
-
O talento feminino que saca á luz Descúbreas loce no Pazo Provincial
Por Redacción |
-
A segunda edición de "Descúbreas" transforma o Pazo Provincial nunha sala de concertos
Por Redacción |
-
Descúbreas presenta a súa segunda edición cun concerto exclusivo no Pazo Provincial
Por Redacción |
-
Un programa de 'mentoring' para mulleres de entre 16 e 30 anos centrará a nova edición de 'Descúbreas'
Por Redacción |