Jeffery Davis Quartet abre o Festival de Jazz
Por Mónica Patxot
A Praza da Ferrería gozou este mércores do primeiro dos concertos do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, con Jeffery Davis Quartet sobre o escenario.
Unhas 500 persoas sentadas e moitas de pié gozaron dunha noite de jazz clásico, con toques de ritmos máis modernos.
Jeffery Davis é un vibrafonista e marimbista que encabeza unha banda que completan o saxo alto de José Soares, o contrabaixo de Demian Cabaud e a batería de Marcos Cavaleiro.
Davis, compositor nado en Canadá e formado en Portugal, empezou a estudar moi novo, iniciándose xa neses momentos en l percusión, no Conservatory Calouste Gulbenkian para seguir na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) e o Berklee College of Music. Recibiu distintos recoñecementos como The Award for Most Active Mallet Player, Academic Excellence Dean of Curiculum, IAJE (International Association for Jazz Education) ou The Award for Oustanding Musicianship e traballou con destacados músicos en Estados Unidos e Europa.
A programación contempla para este xoves, ás 22.30 horas, o concerto do guitarrista e compositor André B. Silva.
O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra nesta 28 edición non terá os habituais talleres de traballo cos músicos invitados, reducíndose a súa programación aos concertos na Ferrería e aos pasacalles diarios pola cidade.
Relacionadas:
-
Samantha Fish pon a guinda co seu blues ao 28 Festival Internacional de Jazz
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A baixista Ida Nielsen fai vibrar a praza da Ferrería
Por Cristina Saiz |
-
Andrea Motis encandea á Boa Vila co seu jazz
Por Redacción |
-
Cinco mestres guitarristas galegos e portugueses para unha noite con moita sonoridade na Ferrería
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Un Festival de Jazz "con son internacional, con son galego e con son de muller"
Por Diego Espiño |
-
Ida Nielsen, Samantha Fish e Andrea Motis nun Festival de Jazz con marcado acento feminino
Por Alejandro Espiño |