O Local de Música convértese nun teatro grazas ao Ponteverán
Por Redacción
O edil de Xuventude, Alberto Oubiña, achegouse este venres, 5 de agosto, até o Local de Música de Pontevedra. O motivo desta visita non era outro que ver a representación final que estaba incluída dentro da actividade de 'Teatreirxs, monta a túa propia compañía de teatro', unha das moitas citas programadas dentro de Ponteverán.
Ao igual que en outras ocasións, "a actividade gozou dun éxito total, esgotando todas as prazas e cuns rapaces e rapazas amosando e desbordando positividade e dinamismo durante a mesma", tal e como confirmaron as responsable da realización do obradoiro que durou tres días.
Unha obra divertida, que sorprendeu a todos os familiares presentes, que quedaron abraiados co talento interpretativo, e, tamén, polo ben que quedara a obra tendo en conta a marxe de tempo da que se dispuxo.
Relacionadas:
-
Inmediata mellora da contorna do Local de Música con previsión dunha ampliación ambiciosa
Por Anxo Lourido |
-
Graffitis e natureza mestúranse en Ponteverán arredor do río Gafos e do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
O Ponteverán potencia as súas actividades e incrementa nun 80% as súas prazas
Por Oskar Viéitez |