Pola Alameda de Marín desfilará este domingo unha selección de traxes tradicionais de Pousos da Area
Por Redacción
O próximo domingo 14 de agosto, ás 20.30 horas, a Alameda Rosalía de Castro será o escenario e a pasarela escollida por Pousos da Area para lucir as mellores galas do traxe tradicional galego.
Este proxecto que comenzaron fai varios anos reflicte o traballo levado a cabo desde esta Asociación pola recuperación, investigación e posta en valor do noso traxe tradicional galego.
Será unha pasarela con 26 traxes tradicionais composta por pezas antigas do século XIX así como reproducións fidedignas a partir de pezas orixinais, fotografías ou gravados, respectando os cortes, as confeccións, os adornos e aplicacións propios da época.
Poderanse ver traxes de gala ou garda para os días de festa, de cotío para as labores e de ir á feira para asistir aos mercados, asi como apreciar as diferencias rexionais entre os diferentes traxes dependendo da zona e da dispoñibilidade de tecidos, tintes, mercados de venta de mantons, etc.
Relacionadas:
-
O Edificio Castelao abre as súas portas para gozar da exposición de Ruth Matilda Anderson
Por Redacción |
-
O Edificio Castelao do Museo acolle a indumentaria tradicional galega fotografada por Ruth Matilda Anderson
Por Redacción |
-
Sete Espadelas obtén oito premios no XLIII Concurso do 'Día do enxalzamento do traxe galego'
Por Anxo Lourido |