A praza de España vibra co concerto de Juancho Marqués
Por Cristina Saiz
Este venres, 19 de agosto, foi a quenda de Juancho Marqués no escenario da praza de España.
Marqués leva máis de 10 anos de carreira nos que demostrou ter un estilo inimitable, atrevéndose a explorar distintos sons, incluíndo a electrónica e o pop.
A súa inconfundible música, de ton cálido e temática sentimental, xunto co feito de estar disposto a romper as barreiras do establecido no hip-hop español, logrou establecelo como referente do panorama urbano nacional, namentres as súas cancións acumulan millóns de reproducións nas plataformas dixitais.
Nun dos temas estivo acompañado no escenario de Marina Reche, irmá dunha das finalistas de Operación Triunfo 2018 Alba Reche. A cantante alacantina era coñecida por subir covers á súa conta de Instagram e Twitter e acompañou á súa irmá en algunas actuacións.
Relacionadas:
-
Camela saca a bailar a Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
"Cuarenta años después Ilegales estamos aquí"
Por Cristina Saiz |
-
A Ferrería rende tributo á música de Joaquín Sabina
Por Cristina Saiz |
-
As Festas da Peregrina beben Treixadura
Por Redacción |
-
O 'flow' de Fernando Costa manda na Praza de España
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Coque Malla consegue facer esquecelo todo
Por Oskar Viéitez |
-
Zahara atrapa ao público pontevedrés
Por Redacción & Cristina Saiz |