Última semana de obradoiros de verán no Museo de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8af/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/630343b12e-museo-obradoiros-01.jpg)
© Museo de Pontevedra - Deputación Provincial
Este martes 23 e ata o venres 26, o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acollerá o último ciclo de obradoiros de verán que organiza a entidade dependente da Deputación de Pontevedra.
Nesta ocasión, as actividades destínanse a escolares con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos.
A proposta desenvólvese, do mesmo xeito que no anterior obradoiro, partindo da exposición 'Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia', que promove a asociación pontevedresa Sete Espadelas.
Nesta iniciativa, o alumnado realizará manualidades para potenciar a súa creatividade e a curiosidade artística.
A inscrición débese realizar a través do corrreo electrónico reservas.museo@depo.gal
Relacionadas:
-
Comezan as visitas guiadas pola mostra sobre Ruth Matilda Anderson e o traxe tradicional galego
Por Redacción |
-
O Edificio Castelao abre as súas portas para gozar da exposición de Ruth Matilda Anderson
Por Redacción |
-
O Edificio Castelao do Museo acolle a indumentaria tradicional galega fotografada por Ruth Matilda Anderson
Por Redacción |