O Ameixa Rock atrásase ao sábado 17 de setembro ante a previsión de chuvia
Por Redacción
O décimo aniversario do Ameixa Rock terá que esperar. As malas previsións meteorolóxicas levaron aos organizadores a aprazar o festival, previsto para este sábado 3 de setembro, e atrasar a súa celebración dúas semanas.
A asociación cultural que organiza este festival comunicou que a data se desprazará ao sábado 17 de setembro, na que manterá o mesmo cartel que fora anunciado.
Así, os concertos na Praza da Lonxa comezarán ás 22:30 horas con Liberad al Kraken, seguidos por Miguel Costas, o que foi integrante do desaparecidos Siniestro Total e ás 01:15 subirán ao escenario Ruxe-Ruxe.
Ademais dos tres concertos principais, o Ameixa Rock tamén deixará para o sábado 17 o resto das súas actividades paralelas.
Haberá unha visita guiada á illa de Cortegada, en dobre sesión de mañá e de tarde. Ás 13:30 horas desenvolverase unha sesión vermú con Shopie, na Praza da Liberdade, e ás 18:00 horas unha sesión de animación para escolares a través do espectáculo Cirkote de Culturactiva.
A entrada a todas as actividades é gratuíta, salvo ás actividades náuticas.