Mais Cantos e Nelson Quinteiro animan as Xornadas Interactivas das Persoas Maiores de Pontevedra
Por Redacción
As primeiras Xornadas Interactivas das Persoas Maiores de Pontevedra conclúen este sábado 1 de outubro cun itinerario cantado, a cargo de Mais Cantos e Nelson Quinteiro, polas rúas e prazas da cidade. A cita comezará ás 11.00 horas da Praza de Ourense e, durante o percorrido, realizaranse escaladas de Peregrina, Curros, Praza de Abastos concluíndo cun acto institucional e concerto na Praza da Verdura.
Realizarase unha lectura do Manifesto Oficial das Persoas Maiores de Pontevedra e concluirá cun concerto a cargo do grupo Mais Cantos. Estas actividades desenvólvense dentro do programa Proponte, baixo o lema 'Engancha', e están desenvoltas pola concellería que dirixe Marcos Rey con propostas nas que se implicaron entidades como a Uned Senior de Pontevedra, a Universidade de Vigo, Espazo 60 de Afundación, Asociación Inzar, Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Asociación de familiares de persoas con Alzheimer.
O artista Nelson Quinteiro considera un agasallo concluír este evento, con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores, cunha festa na que participa e ao que achegarán un carácter desenfadado, alegre e con animación para que participen as persoas maiores de maneira comunitaria.
Relacionadas:
-
Máis de 120 persoas de 50 entidades inscritas na xornada do programa Proponte o 'Traballo en Rede no Terceiro Sector'
-
Poemas, fotografías e debuxos para concienciar sobre o abuso sexual na infancia na sede da UNED
Por Redacción |
-
"Son maior. Son coma ti. E cada día somos máis"
Por Oskar Viéitez |
-
89 estudantes sénior fórmanse este curso no Programa Universitario para Maiores do campus de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A UNED apoia o seu alumnado sénior nunhas xornadas interactivas
Por Redacción |
-
Pontevedra dálle voz ás persoas maiores co gallo do seu Día Internacional
Por Redacción |