'De Pontevedra á Habana' reivindica a cultura galega no Teatro Principal
Por Cristina Saiz & Redacción
O grupo Os de Algures homenaxeou este sábado no Teatro Principal a figura dos homes e mulleres que fixeron a súa vida na emigración e que deixaron pegada nas artes escénicas, musicais e líricas.
A través da obra 'De Pontevedra á Habana. A expresión cantada da nación histórica', baseáronse na historia do nacemento do Himno para presentar un espectáculo músico-teatral inolvidable, recoñecendo a figura de Pondal, Pascual Veiga, Curros Enríquez, José Castro 'Chané' e Xosé Fontenla Leal.
En escea participaron 88 persoas, recreando e construíndo unha achega ao mundo cultural galego, enriquecendo o patrimonio e deixando constancia para as vindeiras xeracións.
A música a puxo Os de Algures, cunha interpretación novedosa e actual acompañados da orquesta cubana Rompiendo la Rutina e do Coro Vinderel, este último formado por 40 alumnos e profesores do IES Xunqueira I.
A interpretación, pola súa banda, foi do grupo de teatro Argallada, formado por profesores e exprofesores do IES Valle Inclán; o baile partiu dos bailaríns da academia PonteBaile e do Grupo de danza e teatro Cafuné e Begoña Lorenzo interpretou coa calidade da súa voz cancións tradicionais galegas e un bolero cubano dos anos 30.
Relacionadas:
-
Os de Algures regresan ao Principal co espectáculo músico-teatral "Cando saín de Cuba"
Por Redacción |
-
O Coro A Xunqueira loce a prata obtida no VIII Concurso Nacional de Coros Escolares
Por Redacción |
-
'Camiño de historias', de Migallas Teatro, próximo espectáculo familiar en Domingos do Principal
Por Redacción |
-
'A cazola de Lola' ofrece no Principal unha óptica familiar da diversidade funcional
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Teatro Tanxarina presenta "A cazola de Lola" en Domingos do Principal
Por Redacción |