O festival Pequeclassics achega o domingo 30 a Pontevedra o cineconcerto familiar "As aventuras do Príncipe Achmed"
Por Redacción
O festival Pequeclassics, que ata o 6 de novembro presentará en diversas cidades galegas seis espectáculos musicais dirixidos a nenos e rapaces, presenta este domingo 30 de outubro, ás 18 horas, no Liceo Casino de Pontevedra "As aventuras do Príncipe Achmed", un espectáculo con música en directo a cargo de Caspervek Trio.
Esta proxección cinematográfica silente con música en directo é un conto de sombras chinesas e unha aventura lendaria. As aventuras do príncipe Achmed presenta unha técnica de animación de siluetas que Reiniger inventara e que consistía en recortes manipulados feitos con cartón e finas láminas de chumbo baixo unha cámara.
A película está chea de fermosas figuras e dun imparable movemento xerado a partir das siluetas a contraluz que danzan ao ritmo da banda sonora.
O atractivo da película fixo que Yo Yo Ma acompañara a película cunha sesión de improvisación en Nova York en 2006. Caspervek presentará nesta ocasión a súa propia partitura para o filme.
"As aventuras do Príncipe Achmed" poderánse disfrutar este domingo 30 de outubro, ás 18 horas, no Liceo Casino de Pontevedra.
A idade recomendada para este espectáculo é a partir de 6 anos.
PROGRAMACIÓN DE PEQUECLASSICS
Pequeclassics é un proxecto que trata de achegar aos nenos e rapaces galegos a paixón pola música clásica, o jazz e outras a través do xogo e da diversión. O obxectivo principal é que a música chegue a eles sen necesidade de que teñan coñecementos previos.
O festival conta co patrocinio do Xacobeo 21-22 e da Fundación La Caixa.
Además de "Soñando o Carnaval dos animais", "Parade: o circo dos valentes", "As cores do metal" e "Ma, me, mi… Mozart!" xa representados, a programación do tamén inclúe os espectáculos:
CINECONCERTO: AS AVENTURAS DO PRÍNCIPE ACHMED (Caspervek)
- Sábado, 29 de outubro, 19:00 horas. Teatro dos Salesianos. Vigo
- Domingo 30 de outubro, 18:00 horas. Liceo Casino. Pontevedra
CINECONCERTO (Adrián Begoña): "O HEROE DO RÍO" (Buster Keaton)
- Domingo 6 de novembro, 12:00 horas. Teatro Principal. Ourense
- Domingo 6 de novembro, 19:00 horas. Teatro Jofre. Ferrol