Concha Piquer 'revive' en Pontevedra na voz de Diana Navarro
Por Redacción
Unha viaxe musical pola vida de Concha Piquer, Federico García Lorca e Rafael de León. Esa é a proposta que, encabezada pola cantante Diana Navarro, poderase ver o vindeiro venres 4 de novembro en Pontevedra.
Chega ao auditorio de Afundación o espectáculo En tierra extraña, que os espectadores poderán ver a partir das oito e media da tarde.
En En tierra extraña, a artista malagueña encarna a Concha Piquer, unha das grandes figuras da copla española que, nesta historia, desexa desde hai tempo coñecer a Federico García Lorca.
Lorca, ao que neste espectáculo dá vida o actor Alejandro Vera, é o poeta máis solicitado do momento e ela a máis famosa cantante de España.
Muller afeita a manexar o seu destino e a non recibir nunca un non como resposta, pídelle ao seu colaborador Rafael de León (Avelino Piedad) que cite ao poeta no teatro Calderón de Madrid, onde ensaia o seu novo concerto. Quere propoñerlle que lle escriba unha canción.
Pero, unha vez fronte a fronte, as cartas iranse poñendo sobre a mesa. A verdadeira razón dese encontro é avisar a Federico de que a situación do país é irreversible. Concha sabe de primeira man que o seu nome figura en varias listas negras.
A "xente como el", dille a artista, debería fuxir ao estranxeiro canto antes. Pola súa propia seguridade. Federico non cre que o sangue chegue ao río e que os ánimos acougarán. Pero un terrible acontecemento, faille reformularse a situación.
As entradas para En tierra extraña, que se poden adquirir desde os 20 euros, están á venda a través da plataforma Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
María Adánez e Pepón Nieto representan en Pontevedra ¡Ay, Carmela!
Por Redacción |
-
Teatro e copla fúndense en Pontevedra baixo a voz de Diana Navarro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra recibirá a Diana Navarro, Els Joglars ou Lola Herrera na nova tempada teatral de Afundación
Por Alejandro Espiño |