![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/bce/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/636cf1c198-70ef713aca23c6fd4b4f1461e832f9521697ea73w.jpg)
© EFE / Lavandeira Jr.
RADIO.- Entramos nun 'Cara a cara ' entre a épica amorosa e a sexualidade feminina con Luz Gabás e Cristina Campos
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
Temos un 'Cara a cara' por partida dobre e ademais a dobre partida gañadora. Con motivo da promoción por Galicia de Luz Gabás e Cristina Campos, falamos con elas en PontevedraViva Radio.
A novela gañadora do Premio Planeta 2022 'Lejos de Luisiana' de Luz Gabás ten un escenario articulado polo río Misisipi e unha trama narrativa articulada por unha relación amorosa protagonista, a de Ishcate e Suzette. E entraña aventuras, unha maldición, tamén outros amores entre personaxes e vínculos afectivos coa terra, coa orixe. É unha novela e toda unha enxeñería de documentación na que estivo inmersa durante dous anos. Un inxente traballo do que tamén goza como nos conta no podcast.
Cristina Campos tivo a ousadía de presentarse ao premio literario máis reputado e remunerado en España, cun eixo temático que soporta un lastre sociocultural histórico tan pesado, que falar de sexualidade feminina, aínda require de moita didáctica construtiva. E en 'Historias de mujeres casadas', a finalista do Planeta faio na voz de catro mulleres que pasan dos corenta anos.
Entra en relacións amorosas, autoamorosas, infidelidades, sexualidades senior, identidades sexuais, amizades, ... de mulleres sobre todo e de homes como os que poden abrir esta novela e sentirse identificadas e identificados, sorprendidas e sorprendidos; e ata ofendidas e ofendidos, que de todo haberá cando se fala de sexualidade feminina coa naturalidade da vida mesma.