A familia Cotton despide os Domingos do Principal
Por Cristina Saiz & Redacción
O ciclo Domingos do Principal de teatro familiar pecha as súas portas nesta edición despois da dobre sesión dominical celebrada este 20 de novembro coa actuación de Anita Maravillas e Portal 71 e o seu espectáculo 'Las Cotton'.
A proposta de monicreques ía destinada a público maior de cinco anos, que ao longo de cincuenta minutos puido gozar das historias da familia Cotton, que se dirixe á cidade en busca dunha nova vida e atópase con múltiples aventuras e emocións.
Durante a sesión, o público infantil comprobou como se desenvolvían as intrigas entre as teas, as máquinas de coser, os fíos e diferentes perigos que sorprendían á nai e as dúas fillas, protagonistas da historia.
Este espectáculo obtivo o premio Feten 2021 como mellor obra de monicreques.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal arranca tempada o 15 de outubro
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
'Tarzán en el diván' converte Domingos do Principal nun zoolóxico
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Teatro e danza en Domingos do Principal para recordar a Maruxa Mallo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Comeza Domingos do Principal con El Espejo Negro e a historia de Cris, unha pequena valente
Por Redacción |