A festa máis especial (e musical) do Nadal, con Uxía Lambona e a Banda Molona en Pontevedra
Por Redacción
Uxía Lambona e a Banda Molona celebrará o Nadal en Pontevedra. Darán un concerto moi especial no Teatro Principal. Será o martes 3 de xaneiro, ás seis da tarde.
A actuación, que vén da man de Deleite, será de entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo do teatro, polo que a organización recomenda chegar con tempo para conseguir butaca.
Esta banda de música infantil é coñecida por recoller os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular.
Así, en Pontevedra soarán desde A Carolina "rapeada" ata O Jato "rockeiro", pasando por outros moitos temas tradicionais, moi dinámicos, facendo que todos os presentes sexan partícipes do seu particular "desconcerto", cheo de bailes, xogos, coreografías e moitas sorpresas.
Deleite quíxose sumar unha vez máis a esta iniciativa, que mestura a cultura coas actividades para os máis cativos nestas datas tan especiais e que representan do xeito máis fiel o espírito do Nadal.
Deleite organizou tamén en Pontevedra, na Illa das Esculturas en setembro 2018 o Festival do Leite, un festival familiar no que participaron milleiros de persoas e no que actuaron, ao longo de todo un día, desde María Fumaça ata Sés, De Vacas, Triangulo de Amor Bizarro ou The Limboos.