A curtametraxe de drama 'En el valle de la perseverancia' busca actores e actrices
"En el valle de la perseverancia" é o título do Traballo de Fin de Grao dos alumnos Isaac Gulías e Lucía Freire, matriculados na Univerisidade de Vigo. Este proxecto é unha curtametraxe dramática, que se rodará durante o mes de abril e, posteriormente, distribuirase por diferentes festivais de cinema e convocatorias audiovisuais.
O casting para a elección dos actores e actrices estará aberta ata o 17 de febreiro de 2023 a través do Produtora Pórtico Creative Studio. Neste proceso de selección búscase a un actor de entre os 5 aos 12 anos de idade; unha actriz que se atope entre a franxa de idade dos 35 aos 40 anos e outra actriz de 65 anos de idade.
Esta rodaxe non é remunerada, con todo os gastos cubertos polo equipo que a realiza.
As persoas interesadas teñen que contactar co seguinte email holaporticostudio@gmail.com e achegar esta información: o nome e a idade; un teléfono de contacto e unha ou varias imaxes da persoa aspirante. Ademais destes datos, habería que proporcionar o currículo, un videobook e ligazóns a outros proxectos realizados.