A Asociación Veciñal Breogán presenta un club de lectura no Piñeiriño
Este mércores 1 de marzo, a Asociación Veciñal Breogán presentará na biblioteca do Centro Cultural Breogán a organización dun club de lectura no Piñeiriño, Vilagarcía de Arousa. Esta presentación realizarase ás 21:00 horas.
As quedadas do club de lectura levaranse a cabo os primeiros mércores de cada mes no Centro Cultural de Breogán ás 21:00 horas.
Este mércores, tamén anunciarán o libro elixido para ler e comentar no mes de abril. De feito, promocionarase o club no barrio, ademais do libro escollido para que as persoas se animen a participar.
A asociación organizadora incentiva aos cidadáns de Vilagarcía a colaborar e afiliarse ao club para seguir realizando actividades ao longo do ano. De feito a Asociación Veciñal Breogán afirma que tiveron unha boa acollida, xa que recibiron apoio e mensaxes a través das redes sociais.