Gustavo Almeida, nun 'gran irmán musical' na illa de El Hierro
Por Redacción
Seis artistas convivirán durante unha semana para crear unha canción inspirada en illa canaria do Hierro. Un dos concursantes será Gustavo Almeida, segundo anunciou a organización.
O artista brasileiro, fincado en Pontevedra, é unha das seis persoas seleccionadas para participar no I Certame Creativo Óxido de Hierro-Cancións con Química, un encontro impulsado polo Concello de Valverde, o Cabildo de El Hierro e a compañía Arte de Facto.
Os seis participantes desta iniciativa foron seleccionados entre 46 propostas recibidas.
Os concursantes gozarán dunha experiencia onde serán protagonistas de todo o proceso creativo, que irá desde un retiro compositivo ata a gravación dunha canción e a rodaxe do videoclip oficial, da obra escollida entre as propostas presentadas por un xurado profesional.
Xunto con Gustavo Almeida estarán Juan Gallardo (Sevilla), Sergio de Jesús Padrón (Cuba/Lanzarote), Road Ramos (Murcia/Segovia), Sandra Bautista (Barcelona) e Cesar Maldonado (Almería).
O certame desenvolverase na Aula da Natureza do municipio de El Pinar de El Hierro, onde os artistas participantes desenvolverán seis propostas musicais "de calquera xénero musical" no primeiros tres días de convivencia.
O cuarto día expoñerán a canción que compuxeron nunha gala onde poñerán a proba a enerxía que transmite o tema ante o público.
Unha vez superada critícaa do público, a canción que resulte gañadora entrará na terceira fase da experiencia, que se desenvolve no quinto e sexto día, que consistirá en producir e gravar profesionalmente da man de produtores musicais o tema elixido.
O sétimo día rodarase un videoclip oficial da obra.
Relacionadas:
-
E se unimos a música, o viño e a pintura?
Por Redacción |
-
Gustavo Almeida presenta no Teatro Principal "Vértice", o seu primeiro disco en galego
Por Redacción |
-
Gustavo Almeida compón o himno do equipo de "O viño dos campións"
Por Redacción |
-
Gustavo Almeida prepara en Miami unha colaboración co músico cubano Jon Secada
Por Redacción |