Ponteatro homenaxea este xoves a actriz María Casares a través da obra ‘Continente María’
O ciclo Ponteatro continuará co seu quinto espectáculo o vindeiro xoves 20 de abril. Como de costume, o Teatro Principal será o punto de encontro para gozar, nesta ocasión, da obra de teatro 'Continente María', dirixida por Tito Asorey e escrita por Marianella Morena.
A peza de Ainé Producións, que porá fin á súa xira galega en Pontevedra, pretende recuperar e homenaxear a figura e vida da artista exiliada María Casares a través do diálogo.
A música de Vadim Yukhnevich e a interpretación da actriz Melania Cruz serán as encargadas de mergullar os espectadores nunha emotiva viaxe ao longo da vida de Casares.
As entradas da obra teatral xa están á venda en continentemaria.gal e Ataquilla.com por un prezo de oito euros.
Esta edición do ciclo teatral porá o seu broche de ouro o vindeiro 22 de abril con 'Altsasu', de La Dramática Errante, no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
Redrum Teatro representará este xoves 'Hamelin', un espectáculo sobre os abusos á infancia
-
'Miss Docet', primeira aposta da nova edición de Ponteatro que arranca este xoves
Por Redacción |
-
Un ciclo de danza, xornadas de banda deseñada e o regreso de Núbebes, novidades do semestre cultural
Por Alejandro Espiño |
-
Fai caso a Lady Elizabeth Stanley, con Ponteatro "non che dará chegado a próxima"
Por Natalia Puga |