Galifunk Brass e Lontreira, entre os grupos musicais que amenizarán os vermús dominicais de Vilagarcía
A sexta edición do 'Ágora Vermú' chega a Vilagarcía de Arousa para animar os domingos do municipio. Esta iniciativa consiste na celebración de catro concertos para as catro fins de semana de maio que mesturarán a música popular galega e de corte tradicional coa máis moderna dos grupos emerxentes.
Os escenarios elixidos polo Concello para as actuacións son a rúa Camilo José Cela no Piñeiriño, a Praza da Liberdade en Carril e a Alameda na Avenida da Mariña. Todas levaranse a cabo ás 13:00 horas, no "momento do vermú".
En canto á programación, o ciclo abrirase o domingo 7 de maio coa actuación de Galifunk Brass no Piñeiriño. Este trátase dun grupo de músicos galegos que xorde inspirado polas 'brass' ou bandas americanas típicas da zona de Nova Orleáns e que realiza as súas propias versións de temas de estilo disco ou funky, entre outros.
O seguinte domingo, o 14 de maio, a música trasladarase á Praza da Liberdade coa actuación de Lou Reyes e os Rockin´ Corsarios.
O concerto da Banda de Música de Vilagarcía enmarcarase nas festas de Santa Rita tanto por data, o 21 de maio, como por escenario, en Arcebispo Lago, rúa da contorna de Vista Alegre. Para o 'Ágora Vermú', segundo o Concello, a banda ten preparado un programa especial e con música moi variada, no que dará cabida a estilos populares e tamén á música galega. Soará a marcha militar 'El Sitio de Zaragoza', o 'May way' de Sinatra ou algún tema de Mocedades.
Lontreira, banda gañadora do programa televisivo 'A Canción do Verán', pechará o ciclo de actuacións co concerto do 28 de maio na zona da Alameda de Vilagarcía. Como novidade, o grupo presentará 'Apnea', o seu primeiro traballo discográfico.
Relacionadas:
-
Galifunk Brass, Lontreira e Ailá, no ciclo ‘Músicas para reCREAr’ no Teatro Principal este outono
Por Redacción |
-
Un ‘punto violeta’ e reforzo policial para garantir a seguridade das festas de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Visitas gratuítas en galeón durante o verán e gran oferta lúdica e cultural para esta fin de semana en Vilagarcía
Por Redacción |
-
As festas de Santa Rita traen a Revólver a Vilagarcía este sábado
Por Redacción |
-
Ritmos rockabillys no Ágora Vermú deste domingo en Carril
Por Oskar Viéitez |
-
Portas acolle entre aplausos o concerto do gaiteiro e frautista Óscar Ibáñez
Por Rosalía Rico Otero |
-
O ciclo "Achégate ao Salón" colga o cartel de "completo" para os concertos de Vega e Alice Wonder
Por Redacción |