Ritmos rockabillys no Ágora Vermú deste domingo en Carril
Por Oskar Viéitez
A segunda sesión do Ágora Vermú leva este domingo ata Carril os ritmos rápidos e alegres do rockabilly das formación Lou Reyes e os Rockin’ Corsarios. Será a partir das 13.00 horas á Praza da Liberdade.
Lou Reyes leva en activo dende os anos 80, pasando polos mellores escenarios nacionais e da Europa Rockabilly. O directo que presenta basease nun repertorio de adaptacións e versións do Rockanroll dos anos 50 marcadas pola personalidade a presenza e a característica voz do seu cantante.
Con textos maioritariamente en castelán, aínda que con algunhas versións en inglés, a música desta formación fai un percorrido polo Psychobily, o rochabilly e o Rock clásico.
Pola súa banda, os Rockin' Corsarios son músicos históricos do xénero, recoñecidas caras do Rockanroll galego, que acompañando a LouReyes farán bailar ao público dos seus concertos.
O Ágora Vermú é un programa deseñado pola Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía, pensado para o público familiar e como elemento dinamizador do sector musical e a economía local, xa que promociona aos grupos galegos e leva actuación ás zonas hostaleiras da cidade co obxectivo de que o público poida gozar dos concertos á vez que se toman algo nunha terraza. A deste ano é a sexta edición deste programa.